Pleno ordinario do 22 de outubro de 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 22 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube. 

Orde do día da sesión: 

1.      Aprobación da acta da sesión plenaria ordinaria do 17 de setembro de 2026.

2.      Modificación de créditos. Transferencia de crédito 16/2026-TC

3.      POS+ adicional 4/2026

4.      Aprobación do 2º informe do PACES

5.      Moción do grupo municipal Boiro Novo/Mixto para evitar a especulación coa vivenda, aumentar a oferta de vivenda protexida e o alugueiro social.

6.      Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación co canon da auga.

 

Pleno ordinario do 17 de setembro de 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra o vindeiro xoves día 17 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de setembro. 

A sesión será presencial no Salón de Plenos e poderase seguir en directo a través da canle de YouTube. 

Orde do día da sesión: 

  1. Aprobación da acta da sesión do 23 de xullo de 2026.

  2. Solicitude de participación no POS+ adicional 2/2026.

  3. Aprobación definitiva do suplemento de crédito 3/2026.

  4. Crédito extraordinario 3/2026.

  5. Moción do grupo municipal de Boiro Novo/mixto para a mellora das condicións laborais das traballadoras do servizo de axuda no fogar (SAF).

Pleno ordinario do 25 de xuño de 2026 | Concello de Boiro

O Concello de Boiro celebra este xoves día 25 ás 20.00 horas o Pleno ordinario correspondente ao mes de xuño de 2026.

A sesión poderase seguir en directo a través da canle de YouTube.

Orde do día da sesión: 

1.      Aprobación da acta da sesión plenaria ordinaria do 28 de maio de 2026.

2.      Aprobación definitiva do orzamento.

3.      Modificación de Créditos

4.      Solicitude de bonificación do ICIO para a construción dunha residencia da 3ª idade no lugar do Saltiño

APRAZAMENTO do Pleno ordinario do mes de xuño de 2026 | Concello de Boiro

O Pleno do Concello de Boiro, en sesión extraordinaria realizada o 27 de xullo de 2023, acordou en base ao previsto no artigo 20 do ROM, que o Pleno celebrará sesión ordinaria no salón de sesións con periodicidade mensual, todos os terceiros xoves non festivos de cada mes ás 20:00 horas.

O artigo 20 do ROM faculta ao alcalde por propia iniciativa e por causa xustificada para variar o día ou a hora nalgunha sesión, comunicándoo aos interesados e publicándoo no taboleiro de anuncios coa maior anticipación posible, tendo sempre en conta a dispoñibilidade de todos os membros da Corporación para facilitar a súa asistencia. 

Tendo en conta a necesidade de rematar a tramitación de expedientes administrativos, coa imposibilidade de que dita tramitación sexa completada coa antelación suficiente para que os/as concelleiros/as da corporación poidan examinalos de forma axeiteda resolvese ADIAR de maneira excepcional a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de xuño para o xoves 25 de xuño de 2026. 

|